![]() |
Este trimestre no CFR de Vigo organizouse un curso presencial sobre Emprego do espazo maker para a realización de proxectos STEM. Este curso está dirixido para profesorado de secundaria, e como parte de este curso fun a escargada de explicar que son os e-textís e iniciar os participantes en proxectos STEM/STEAM baseados no emprego da placa Adafruit Circuit Playground Express.
Nesta sesión describirase a placa Circuit Playground Express, e tamén, describiranse outras placas que poden resultar de interese para traballar os e-téxtiles na aula. Ademais, introduciranse conceptos básicos de electrónica para iniciarse ao campo dos téxtiles e a electrónica.
- Introducción. Téxtiles e electrónica (e-téxtiles) en educación secundaria
- Descripción da placa Circuit Playground Express
- Introducción as características principais e conceptos electrónicos para manexar unha placa Circuit Playground Express
Actividade práctica : Brazalete intelixente
Sesión 02.10 Marzo/ 16.00-20.00
Nesta sesión explicaranse os fundamentos da programación con Make Code e Arduino. Así mesmo realizarase unha descrición dos principais sensores e actuadores e como configurar cada un deles a través de exemplos.
- Fundamentos da programación con Make Code e Arduino
- Inputs (entradas) / Outputs (saídas)
Actividade práctica : Piano téxtil e Soft Robot
Sesión 03.24 Marzo / 16.00-20.00
Esta sesión dedicarase ao deseño e construción dun proxecto de aplicación dos e- téxtiles na educación. Ofreceranse exemplos doutros proxectos para desenvolver prendas de roupa intelixente onde se incorporan diferentes elementos electrónicos.
- Deseño e construción dun proxecto de aplicación dos e-téxtiles en educación
Actividade práctica : Camiseta intelixente
Comentarios
Publicar un comentario